Noticias
16 de febreiro de 2015
Mosteiro Bembrive, próximo destino dos laranxas. Cuartos de Copa Galicia
Final Copa Galicia 2014

O Burela FS Pescados Rubén aparcará mañá a preparación ligueira, antes de desprazarse á pista de titánico ElPozo Murcia (venres 20, 21.00 horas), para medirse ao CD Mosteiro Bembrive, de Segunda División B, en cuartos da Copa Galicia. A cita disputarase no pavillón vigués de Bembrive, a partir das 21.00 horas.


Os de Juanlu xa se viron as caras cos pontevedreses na segunda eliminatoria da Copa do Rei, con vitoria para o Bembrive tras finalizar o tempo regulamentario en empate (4-4).


No caso de saír vitorioso o cadro mariñán enfrontarase en semifinais co Parrulo FS, de Segunda, que se impuxo ao Cidade de Narón (2-3). Os protagonistas da outra semifinal serán Prone Lugo, que venceu a ABC Vigo (2-6), e Santiago Futsal, que gañou a CP Casás (1-2).



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 28. Rubén, 29. Ángel



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores