Noticias
18 de febreiro de 2015
Vitoria ante o Mosteiro Bembrive (2-5) e pase a semifinais da Copa Galicia
Fotografía: Xoán Carlos Gil
O Burela Pescados Rubén logrou o pase a semifinais da Copa Galicia tras vencer no duelo de cuartos ao Mosteiro Bembrive por 2-5. O encontro disputado na pista do conxunto pontevedrés comezou co conxunto burelés tomando a iniciativa e plasmando no marcador a súa superioridade. No minuto dez o Burela Pescados Rubén xa vencía por 0-3 con goles de Matamoros, Behroz e de novo Matamoros, esta vez desde o punto de penalti. O Bembrive apenas inquietaba ao conxunto mariñao que puido ampliar a súa renda aínda que serían os pontevedreses os que recortasen antes do descanso por mediación de Nene, minuto 19. Un minuto antes Matamoros sería expulsado por dobre amonestación. Co 1-3 chegouse ao intermedio e na continuación o Bembrive tirou de intensidade e agresividade para intentar a sorpresa. Os laranxas frearon ben as súas acometidas e perdoaron o cuarto tanto en varias oportunidades. Na recta final o Bembrive apostou polo xogo de cinco e aproveitou un penalti cometido por Edu, expulsado ao acumular a súa segunda amarela, para reducir distancias (2-3) ao transformar Nene a pena máxima. A esperanza local esfumouse co 2-4 de Antoñito e Chano redondeou o triunfo co 2-5 final. Vitoria e clasificación para as semifinais da Copa Galicia na que o rival será o O Parrulo Ferrol da Segunda División. Ficha técnica Mosteiro Bembrive: Cuca, Eloy, Berni, Nene, Mario –quinteto inicial- Jacobo, Borrajo, Mario Kele, Chelito e Jhony. Burela Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Antoñito, Carlitos – quinteto inicial- Chano, Miguel, Behroz, Ángel e Álex. Goles: 0-1, m.2, Matamoros; 0-2, m.7, Behroz; 0-3, m.10, Matamoros (pen.); 1-3, m.19, Nene; 2-3, m.35, Nene (pen.); 2-4, m.39, Antoñito; 2-5, m.39, Chano. Árbitros: González Armada, Rodríguez Fernández (Ourense). Expulsaron a Matamoros e Edu no Burela e a Chelito e Bruno no Bembrive.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores