Noticias
19 de febreiro de 2015
Recuperando sensacións e efectivos para o gran reto ante ElPozo (venres 20, 21.00 horas)
Fotos: Marián García Mesa

O Burela FS Pescados Rubén afronta a 23ª xornada de Primeira División LNFS, na casa do titánico ElPozo Murcia FS, recuperando sensacións, tras o pase a semifinais da Copa Galicia, e efectivos, co regreso de Isi, logo dun mes apartado por unha rotura de fibras. O partido, que arrincará ás 21.00 horas no Palacio dos Deportes de Murcia, poderá seguirse en directo por Onda Regional de Murcia.


O equipo mariñán chegará á pista do terceiro clasificado (51 puntos) defendendo a décima praza (26 puntos). “Xogar na pista de ElPozo sempre é difícil e nesta ocasión aínda se nos complicará máis; o rival vén de perder dous partidos consecutivos, con Inter e Barcelona, e ten a necesidade de gañar” explicaba Juanlu facendo referencia ás últimas xornadas dos murcianos, que non encadeaban dous resultados en contra desde hai máis de dous anos. “Ademais a nosa vitoria na primeira volta (4-3) sérvelles a eles de aviso para non relaxarse” engadía o técnico laranxa cun chamamento á evolución do traballo dos burelistas: “O obxectivo é aumentar as nosas prestacións; podemos facelo mellor que nos últimos partidos”.


O cadro de Juanlu realizará esta tarde a última sesión da semana, ás 20.30 horas, na pista murciana.


O Parrulo FS


O Burela FS Pescados Rubén xa ten data para semifinais da Copa Galicia logo de impoñerse 2-5 ao CD Mosteiro Bembrive, de Segunda B, o martes. Será o mércores 18 de marzo na pista de O Parrulo FS (A Malata, 21.15 horas), de Segunda, que venceu ao Cidade de Narón (2-3) en cuartos.


Convocatoria ElPozo Murcia FS: 1. Fede, 7. Juampi, 9. Bebe, 10. Álex, 11. Miguelín, 14. Adri, 17. Raúl Campos, 19. Ique, 21. Gréllo, 25. Iago Barro, 26. Matteus, 33. Lima
Baixas: José Ruiz, Rafa e Fabio lesionados. Por decisión técnica Franklin.


Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Ángel

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores