Noticias
21 de febreiro de 2015
Derrota do Burela por 1-2 ante un Móstoles eficaz
O Burela Pescados Rubén deixou escapar tres puntos de Vista Alegre ante un Móstoles que venceu no feudo burelés por 1-2 aproveitando ao máximo as súas oportunidades. O partido comezou con boa sintonía no conxunto laranxa que tomou a iniciativa e xerou boas oportunidades de gol que Etayo, porteira mostoleña, desbaratou con solvencia.
Fotografía: Marián García Fotografía: Marián García
O Móstoles non conseguía frear o impulso local, Peque disparou ao pau e minutos despois asistiu perfectamente a Tainã que abriu o peche visitante. Co 1-0 o Móstoles intentou estirarse un pouco máis e sacou petróleo para remontar o encontro. O empate (1-1) chegou tras un córner que rematou María Otero e o 1-2 foi obra de Inma, a quince segundos do descanso. Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación as pupilas de Lucas saíron con ánimos renovados. Nada máis empezar, dobre oportunidade con disparo de Peque ao pau e acto seguido de Claudia ao longueiro. O dominio burelao non tiña discusión ante un Móstoles máis agazapado que no primeiro tempo e cuxo argumento ofensivo foi testimonial. Encomendouse a defender a súa renda coa súa porteira Etayo como gran protagonista ao desbaratar as ocasións burelás. A falta de puntería laranxa propiciou que se chegase á recta final co inxusto 1-2 que reflectía o marcador. O Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco a catro minutos do final pero non atopou a recompensa desexada e o Móstoles acabou levándose o triunfo de Vista Alegre. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Claudia, Maite, Kiko, Tainã, Lara. Móstoles: Etayo, Patri Chamorro, Celia, María Otero, Inma –cinco inicial- Trufa, Arabel, Rocío Robles, María del Val, María López. Goles: 1-0, m.13, Tainã; 1-1, m.17, María Otero; 1-2, m.20, Inma. Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 da Primera División. 400 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores