Noticias
28 de febreiro de 2015
Triunfo claro do Burela FS na pista do Amarelle (0-4)
O Burela FS Pescados Rubén volveu demostrar que se lle dan ben os derbis irmandiños esta tarde cun claro triunfo na pista do Viaxes Amarelle (0-4), nun encontro no que os goles se lles resistiron ás pupilas de Lucas ata rozar o descanso.
Tiveron que armarse de paciencia as mariñás ante un rival pechado atrás, á espera. Co paso dos minutos, o cadro laranxa foi gañando en perigo ata que a falta de 1 para finalizar o primeiro período Shiori inaugurou o marcador, tocando na defensa local en última instancia.
A rapidez con atoparon a portería coruñesa as laranxas na segunda parte outorgoulles dominio máis claro ás visitantes. No minuto 21, con firma de Peque ao aproveitar un rexeite desde saque de Claudia (0-2), o Amarelle abriu liñas e as oportunidades burelistas incrementáronse. Rozando o ecuador, Taina subiu o 0-3 ao finalizar unha xogada colaborativa con Bea, Peque e Shio e tan só dous minutos máis tarde pechou o partido Peque tras saír vitoriosa nun cara a cara coa meta herculina logo de roubo de balón en media pista. Nos últimos seis minutos da contenda, o cadro local intentou a remontada con xogo de cinco sen xerar perigo.


Ficha técnica
Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Lidia Mesías, Patri, Cris, Dolo, cinco inicial; tamén xogaron Lago, Noe, Laura, Tati, Yaiza

Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Shiori, Bea Mateos; tamén xogaron Maite, Claudia, Taina, Kiko, Lara

Goles: 0-1, minuto 19, Shiori; 0-2, minuto 21, Peque; 0-3, minuto 30, Taina; 0-4, minuto 32, Peque

Tarxetas: Por Amarelle amarela Laura (minuto 28). Por Burela FS amarela a Taina (minuto 26)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 20ª da Primeira División RFEF
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores