Noticias
5 de marzo de 2015
Terceira División tamén reúne a romanos e castrexos

A xornada dominical volverá reunir as filas romanas e castrexas, despois do derbi do sábado entre Prone Lugo AD e o Burela FS Pescados Rubén (municipal dos Deportes, 18.00 horas); será na xornada 19 de Terceira División, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Sarria.



Burela FS B 1-2 CP Casás


Os pupilos de Juanma caeron pola mínima o sábado pasado en Vista Alegre, na visita do CP Casás na xornada 18 (1-2), unha cita na que o electrónico non foi fiel reflexo das ocasións mariñás. O Burela FS B puxo o perigo, aínda que a falta de acerto na finalización pesou en exceso.


Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Rubén, Borja, Hélder, Alejandro, cinco inicial; tamén xogaron Aitor, Rafa (1), Pancho, Alemán, Daniel, Javi Fajardo, Adrián


CP Casás: Brais (1), Pablo, Rafael Diz, Rafael de Íñigo, Félix, cinco inicial; tamén xogaron Julio (1), Francisco, Fernando


Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Viveiro)


Tarxetas: Por Burela FS amarela a Rubén. Por CP Casás, amarela a Brais

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores