Noticias
6 de marzo de 2015
Emocionante derbi lucense entre romanos e castrexos
Fotografía: Marián García Mesa

A emoción do derbi lucense, entre romanos e castrexos, chega na 25ª xornada de Primeira División como antesala para o Burela FS Pescados Rubén da súa primeira participación na Copa de España (Cidade Real, 12-15 de marzo). O Prone Lugo AD recibirá mañá os laranxas ás 18.00 horas no municipal da cidade amurallada.


Desde a décima praza (27 puntos), o cadro de Juanlu Alonso buscará en Lugo un reforzo anímico de cara á súa gran cita coa historia en Cidade Real, fronte a un rival moi necesitado, que pecha a clasificación con 5 puntos. “Nos dous últimos partidos o noso bo xogo non obtivo a recompensa merecida coa vitoria. Un triunfo en Lugo, ademais de darnos ánimo para a Copa, tamén referendaría que o equipo está en liña ascendente” explicaba o técnico laranxa.


A peor noticia da semana para os mariñáns produciuse onte cunha luxación de ombreiro sufrida onte por Isi no adestramento; o andaluz estará afastado das pistas arredor dun mes. No seu lugar, entrará na convocatoria o mozo Hélder. Ademais, o gardameta Edu viaxa entre algodóns por forte golpe sufrido no pé esquerdo.



Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Bellvert, 5. Iago Míguez, 9. Behroz, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 29. Anxo, 30. Hélder

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores