Noticias
11 de marzo de 2015
O PREMIO E A ILUSIÓN DA COPA
O Burela FS Pescados Rubén xa está en Cidade Real para escribir un novo capítulo da historia laranxa. O conxunto da Mariña debutará na Copa de España mañá ante o actual campión de Liga e Copa, Inter Movistar (21.15 horas). “Para nós é un premio e unha ilusión, é a competición máis bonita do fútbol sala e unha grande oportunidade de presentarnos para todo o fútbol sala nacional” explicaba o técnico, Juanlu Alonso, a poucas horas para a gran cita.
Esta tarde, ás 19.30 horas, o equipo mariñán estreará o Quijote Arena na última sesión de adestramento antes da súa gran xesta en cuartos de final ante o titánico madrileño, con Edu, que só xogará en caso de extrema necesidade, Álex, Erik, Jorge Bellvert, Iago Míguez, Behroz, Miguel, Carlitos, Antoñito, Renato, Ángel, Matamoros, Chano e Hélder.

“Imos competir porque é a nosa máxima ilusión” aseguraba Juanlu, destacando o bo momento dos laranxas, aínda que acoden minguados de efectivos: “Estamos no noso mellor momento de xogo da tempada, aínda que chegamos co gran hándicap nun cadro coma o noso das lesións de Isi, por luxación de ombreiro, e Edu, cun dedo roto. Aínda que os resultados en liga non nos estaban acompañando, a vitoria en Lugo (3-7) tennos que dar confianza para dalo todo ante un dos grandes” dicía con optimismo Juanlu, que aposta pola ausencia de presión como a gran baza dos burelistas: “Temos que entender o noso rol e aproveitalo. Sabemos que o rival ten recursos superiores pero tamén ten unha presión engadida. Debemos pelexar por un marcador equilibrado ata o tramo final e despois aproveitar a nosa menor presión para xogar máis soltos” adiantaba o adestrador.

Todos os partidos serán emitidos por Teledeporte e no Twitter da Liga Nacional de Fútbol Sala, @LNFS89, tamén poderá seguirse o minuto a minuto de cada encontro.


Xoves 12 de marzo de 2015, CUARTOS

19.00 horas: ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior CC1

21.15 horas: Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén CC2

Venres 13 de marzo de 2015, CUARTOS

19.00 horas: Magna Navarra-Palma Futsal CC3

21.15 horas: FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS CC4

Sábado 14 de marzo de 2015, SEMIFINAIS

17.30 horas: Vencedor CC1-Vencedor CC2
19.45 horas: Vencedor CC3-Vencedor CC4

Domingo 15 de marzo de 2015

20.00 horas: FINAL
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores