Noticias
12 de marzo de 2015
Terceira abre a tarde do sábado coa visita do Troula FS

A Terceira División abrirá a tarde do sábado en Vista Alegre coa visita do Troula FS. Os pupilos de Juanma saltarán á pista ás 16.00 horas, como antesala do encontro de Primeira RFEF entre o Burela FS Pescados Rubén e o Tecuni Bilbo FS (18.30 horas).


Dende a duodécima praza con 20 puntos, o Burela FS B medirase ao sétimo clasificado (27 puntos) tras o rifadísimo e goleador derbi lucense do domingo pasado na casa do Prone Lugo AD B, que rematou en táboas (5-5).



Ficha técnica


Prone Lugo AD B: Yago Balsa, José (1), Christian, Álvaro (1) e Jacobo, cinco inicial; tamén xogaron Adrián (1), Diego (2), Luis e David


Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Ángel, Hélder (1), Daniel (1) e Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Pancho (1), Rafa, Aitor (1), Alemán, Rubén (1) e Javi Fajardo


Árbitros: Crestelo Blanco // Cardero Rodríguez (Ourense)


Tarxetas: Por Prone amarela a Yago, Jacobo e Christian. Por Burela FS amarela a Rubén e Daniel.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores