Noticias
19 de marzo de 2015
O Burela Pescados Rubén visita a un Rioxa que pelexa por meterse na Copa
O Burela FS Pescados Rubén afronta este sábado unha complicada saída á pista do Rioja FSF, que pelexa por meterse en postos de Copa de España. O Palacio dos Deportes de Logroño acollerá o encontro a partir das 18.00 horas, co apoio da peña A Pataca Naranxa.
As pupilas de Lucas veranse as caras cun rival que atravesa un bo momento, que acabou coa imbatibilidade do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, a semana pasada (4-5); ocupa a quinta praza (40 puntos), a tan só 1 punto da cuarta. “Veñen de conseguir unha vitoria moi importante, tanto anímica como na clasificación; sabemos que será complicado pero se podemos ser máis eficaces para finalizar as nosas ocasións podemos regresar cos tres puntos” avanzaba o técnico laranxa, diagnosticando o maior perigo das rioxanas na “rapidez das súas xogadoras en contraataque”.
A expedición mariñá partirá mañá, ás 10.30 horas, coas baixas de Lara, cunha escordadura de nocello sufrido no quentamento do partido ante Bilbo FS o sábado pasado, e Kiko, por enfermidade. Volve á convocatoria a gardameta Patri. A última sesión de adestramento está prevista xa na cancha logroñesa, mañá, ás 20.00 horas.
Na primeira volta as burelistas impuxéronse por 6-2.
Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 17. Maite, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã.
Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén xa ten data para a final da Copa Galicia fronte ao Ourense Envialia. Será o mércores 1 de abril, na localidade coruñesa das Pontes, a partir das 19.00 horas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores