Noticias
23 de marzo de 2015
A elite burelista, no Memorial Coto Ferreiro da Estrada (martes 24 de marzo)

O Memorial Coto Ferreiro da Estrada celebrará mañá a súa undécima edición coa dobre presenza do CD Burela FS Pescados Rubén na máxima categoría, a partir das 20.00 horas.


O fútbol sala feminino abrirá a xornada fronte ao conxunto anfitrión, CD Estradense, de Liga Autonómica. Lara, por unha escordadura de nocello, Kiko, por enfermidade, volverán ser baixa.


O cadro de Juanlu medirase despois ao Vasan Cubik Seguros A Estrada Futsal, de Terceira División. Non estarán nin Jorge Bellvert, confirmada a escordadura de ligamento lateral interno de xeonllo tras a Copa de España, e Isi, ausente dende antes de Cidade Real por luxación de ombreiro; Edu podería volver, tras consolidarse a fractura do pé.



Tarde Laranxa. Este sábado, a mellor festa futbolística volverá a Vista Alegre, e tamén por partida dobre, con encontros de Primeira RFEF e LNFS. Abrirá o espectáculo o cadro de Lucas, ás 16.00 horas, coa visita do Roldán FSF. Ás 18.30 horas, será a quenda dos pupilos de Juanlu fronte ao CFS Uruguay Tenerife.


Para recibir o Burela FS Pescados Rubén tras a súa xesta no debut da Copa de España Cidade Real 2015, coa clasificación para semifinais, o club habilitará entradas especiais. Para os socios e menores de idade a Tarde Laranxa será gratuíta; os adultos non socios poderán gozar dos dous encontros por tan só 5 euros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores