Noticias
25 de marzo de 2015
A Estrada, espectáculo dentro e fóra da pista con lustre laranxa

O XI Memorial Coto Ferreiro reuniu onte na Estrada espectáculo futbolístico dentro e fóra da pista cunha gran resposta do público para presenciar os encontros do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF e LNFS ante os conxuntos anfitrións, con lustre laranxa.


Inauguraron a tarde as pupilas de Iván Cao, Lucas, co equipo estradense, de Liga Autonómica con diversidade goleadora por parte das mariñás con 1-9 definitivo, con dianas de Shio, Cris, Maite, Peque e Gaby e dobrete de Taina e Paula. O quinteto de saída estivo composto por Patri, Shio, Peque, Maite e Paula; tamén participaron Jozi, Gaby, Taina, Cris e Claudia.


Máis equilibrado estivo o marcador entre o cadro de Juanlu e os locais, de Terceira División. Os de Burela alzáronse co trofeo Coto Ferreiro nos penaltis tras o empate 1-1 ao final do tempo regulamentario. Edu, Iago Míguez, Matamoros, Carlitos y Antoñito formaron o cinco inicial; tamén xogaron Renato, Behroz, Chano, Miguel, Ángel, Hélder e Álex.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores