Noticias
30 de marzo de 2015
Presentación da final da Copa Galicia, nas Pontes
Foto: RTVEume

O consistorio das Pontes de García Rodríguez acolleu esta mañá a presentación da fase final da Copa Galicia 2015, na que o Burela FS Pescados Rubén de Primeira División RFEF buscará validar o trofeo este mércores. Xunto ao presidente da FGFS, Juan Probaos, ao alcalde anfitrión, Valentín González, e ao presidente do Esteo FS, Francisco Fernández, participou no acto o secretario técnico do club laranxa, Juanma Marrube; tamén asistiron o vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, e o directivo do Parrulo FS, José Naveira, equipo candidato ao título irmandiño masculino.


As pupilas de Iván Cao, Lucas, repetirán final ante o Ourense Envialia este mércores a partir das 19.00 horas, no municipal da localidade coruñesa. Ás 21.00, pelexarán O Parrulo FS e o actual campión, Santiago Futsal.


O prezo das entradas será de 6 euros para maiores de 14 anos e de 3 para os menores desa idade.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores