Noticias
2 de xuño de 2015
Prazo de matrícula 2015-16 da ED Burela FS, aberto ata o 30 de xuño

A ED Burela FS xa ten aberta a matrícula 2015-16 reforzando o seu coidado polos máis pequenos, coa incorporación da categoría de Iniciación para o novo curso, correspondente aos nen@s nacid@s en 2010 e 2011. A escola laranxa acollerá tamén grupos de Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo estará aberto ata o martes 30 de xuño.


A inscrición continuará a ser gratuíta e a súa formalización realizarase nas oficinas do club (Avda. Arcadio Pardiñas, nº 91, baixo). Tamén se poderá descargar o formulario dende www.burelafs.org e envialo ao correo electrónico escuelasdeportivas@burelafs.org ou ao fax 982575147.


Un ano máis, as familias que matriculen máis dunha nena ou neno terán un 20% de desconto, a partir da segunda matrícula. A tramitación deberá ir acompañada de tres fotos tamaño carné e dúas fotocopias do DNI do neno/a. Pasaranse dúas cotas de 70 euros; os cargos realizaranse en outubro e febreiro.


Os alumnos/as da ED recibirán un pack deportivo con material de primeirísima calidade composto por chándal, sudadeira, bermuda, camiseta, mochila, dúas camisetas de adestramento, pantalón de adestramento e chaquetón. O sponsor oficial do club, Living Sport (Trapero Pardo, 14, Foz), encargarase de xestionar o material para cada neno/a (importe: 150 euros).


As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815.


Cadetes e xuvenís


Todos aqueles rapaces cadetes e xuvenís interesados en formar parte da estrutura burelista tamén poden formalizar a súa solicitude para as probas de acceso que o CD Burela FS Pescados Rubén convocará para a última semana de xuño. O prazo estará aberto ata o luns 22 de xuño.


Horario de atención ao público
De luns a venres: 10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas

Documentos relacionados:
93 KB
Matrícula ED Burela FS 2015-16
123 KB
Probas de acceso 2015-16
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores