Noticias
10 de xuño de 2015
Descubre o Fútbol Sala despediu o curso no IES Perdouro

O CD Burela FS Pescados Rubén despediu o seu programa de promoción da práctica deportiva en igualdade, Descubre o Fútbol Sala, onte no IES Perdouro de Burela, xunto ao alumnado de 2º da ESO. Os rapaces/as compartiron dúas divertidas sesións cos porteiros Jozi, Edu e Erik, así como con Peque, recoñecida como Mellor Xogadora na recentísima Copa de España Navalcarnero 2015, e Iago Míguez, ademais dos técnicos Juanma Marrube, Alfonso Mera e Christian Fustes.


Dende comezos de maio, máis dunha decena de centros de ensino da Mariña, e preto de 600 estudantes, tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o fútbol sala e as experiencias e anécdotas do CD Burela FS xunto a xogadores, xogadoras e adestradores dos equipos sénior, de Primeira División, así como do profesorado da escola laranxa. San Cibrao, San Miguel de Reinante, Xove, Mondoñedo, Nois, Alfoz, Ferreira do Valadouro, Covas, Barreiros, xunto a Foz e Burela por partida dobre, foron os destinos 2014-15 de Descubre o Fútbol Sala, estreado no mes de abril no CEIP Terra Chá de Vilalba.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores