Noticias
12 de xuño de 2015
Marcelo Santoro comeza unha nova etapa

O brasileiro Marcelo Santoro, Neco, deixa a estrutura do Burela FS Pescados Rubén para emprender novos proxectos no seu país, dende onde seguirá colaborando co club laranxa como  asesor deportivo.


Tras unha extensa traxectoria como xogador entre o Brasil e a División de Honra española, entre clubs como o Playas de Castellón ou o extinto Cefire mariñán, Neco asumiu as responsabilidades da secretaría técnica na entidade burelista en xuño de 2008. Ao longo destas sete tempadas, compatibilizou a preparación específica de porteiros tanto dos equipos sénior coma das categorías de base, así como co adestramento de parte da ED Burela FS; na última campaña centrouse no labor de director deportivo do equipo de Primeira División RFEF e estivo á fronte da creación do filial feminino, que competiu en Liga Provincial.


O club laranxa agradece os servizos prestados polo director deportivo durante estes anos e deséxalle sorte no regreso á súa terra.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores