Noticias
22 de xuño de 2015
A prebenxamín Carmen Díaz, gañadora da PS3 das Estrelas Laranxas

A prebenxamín Carmen Díaz resultou gañadora da PlayStation 3 que o CD Burela FS Pescados Rubén sorteou a semana pasada, na gala de clausura da escola, entre todas aquelas persoas que completaron o Álbum das Estrelas Laranxas. A alumna da ED Burela FS recolleu o premio xunto a seu irmán e compañeiro de fútbol sala sobre o parqué de Vista Alegre, Sergio.


Primeira edición



Un total de 213 fotografías individuais de deportistas e técnicos, ademais dos 14 cadros, compoñen o coidado álbum do club mariñán, con impresión e deseño da empresa viguesa Sportcrom: categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, filial feminino e masculino, ademais de sénior feminino e masculino, cun prestixioso espazo reservado para os autógrafos dos equipos de Primeira División LNFS e RFEF. O Álbum das Estrelas Laranxas pechou a súa primeira edición con máis de 24.000 cromos vendidos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores