Noticias
29 de xuño de 2015
Jorge Bellvert, sétima renovación na Mariña

O peche Jorge Bellvert formalizou a súa continuidade no Burela FS Pescados Rubén, por dúas tempadas máis, na oficina do Grupo Chave de Ouro, patrocinador do xogador en 2014-15, xunto ao xerente da empresa construtora, Óscar Sobrado, e o presidente laranxa, Manuel Blanco. O cacereño convértese na sétima renovación do equipo mariñán tras Iago Míguez, Antoñito, Carlitos, Chano, Isi e o ata agora xuvenil Hélder.


“Traballo defensivo e loita para o equipo” volverán ser a firma do sempre correcto e eficaz Jorge Bellvert para a súa segunda tempada en Burela. “Se temos máis fortuna coas lesións poderemos estar entre os oito primeiros” declaraba o peche laranxa con optimismo, tras “unha boa tempada en liñas xerais, co momento histórico da Copa, aínda que dúas lesións, non graves pero si aparatosas, impedíronme contribuír todo o que desexaría”.

Jorge aplaude a chegada do mítico Daniel Ibañes ao banco burelista. “Foi xogador, un dos mellores, e por iso creo que nos entenderá, e nós a el, en moitos apectos do xogo e da tempada”.


Desde o club, Manuel Blanco destacou a renovación do 3 laranxa como “un aval na solidez defensiva do equipo”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores