Noticias
9 de xullo de 2015
O Burela FS estrea 2015-16 na casa fronte ao Ribera Navarra /12 de setembro)

Principio e final na Bomboneira. O CD Burela FS Peixes Rubén estreará a tempada na casa o 12 de setembro, recibindo ao Aspil Vidal Ribera Navarra. Ao equipo de Daniel Ibañes tamén lle tocará despedirse en Vista Alegre, co UMA Antequera, o 30 de abril.


 



Derbi galego antes dos grandes


A Marea Laranxa poderá gozar do primeiro derbi galego na Mariña; coa décima xornada, o 14 de novembro, chegará Santiago Futsal. Despois, en tan só dúas semanas, o equipo burelista terá que medirse aos tres grandes. En sete intensísimos días, xogará nas pistas de Inter Movistar (21 de novembro, 11ª xornada) e ElPozo Murcia (28 de novembro, 13ª xornada), coa visita do Levante UDDM no medio (24 de novembro). O 5 de decembro, na penúltima xornada da primeira volta, o conxunto galego recibirá o FC Barcelona, no primeiro Día do Club laranxa.


Na segunda volta, Vista Alegre acollerá os outros dous Días do Club con interistas, o 2 de abril, e os murcianos, o 16 de abril.



Primeira xornada LNFS 2015-16:


Jumilla B. Carchelo - ElPozo Murcia
Magna Navarra - Palma Futsal
Burela Pescados Rubén - Aspil Vidal Ribera Navarra
D-Link Zaragoza - FC Barcelona Lassa
Catgas E. Santa Coloma - Levante UD DM
Jaén Paraíso Interior - Movistar Inter
Peñíscola - Santiago Futsal
Elche CF V. Alberola - UMA Antequera


 


Enlace Calendario completo



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores