Noticias
23 de xullo de 2015
Andrea Marín, nova porteira burelista

Andrea Carla Marín Onteniente será porteira do CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. A murciana, procedente do Jimbee  Roldán FSF,  asumirá a responsabilidade baixo os paus laranxas, tras a finalización de contrato de Jozi e Patri, ás que o club lles agradece a súa profesionalidade durante a súa etapa na Mariña e lles desexa sorte nos seus novos proxectos.


Con tan só 12 anos, Andrea C. (Beniel, 1992) trasladouse do equipo da súa localidade ao Roldán FSF,co que ascendeu a Primeira na tempada 2011-12 e recibiu o recoñecemento de equipo revelación da categoría en 2013-14.


A gardameta será presentada oficialmente nos próximos días.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores