Noticias
24 de xullo de 2015
Gol de 10 ata 2018

A maxia goleadora de Jorge Valhermoso Matamoros seguirá no CD Burela FS Pescados Rubén ata 2018. O 10 laranxa, con contrato en vigor para a próxima tempada, formalizou a renovación por outras dúas máis xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, que destacaron “a profesionalidade, compromiso e responsabilidade” do madrileño. “Condición física e autoesixencia fan de Mata un xogador fundamental para a filosofía laranxa”, apuntaba o máximo dirixente da entidade mariñá.


“Para min é un pracer seguir disfrutando do fútbol sala en Burela tres anos máis” recoñecía Matamoros, asentado dende 2012 na Mariña, preparado para que o comezo de 2015-16 sexa algo diferente e moi animado no proceso de recuperación do desgarro do ligamento cruzado anterior de la rodilla izquierda, do que foi intervido a mediados de abril. “Cumprín tres meses. Sobre o papel estou na metade da recuperación pero hai que ver como vou evolucionando. Estou traballando todos os días para fortalecer a zona e ir acurtando prazos para o meu regreso. Oxalá poida entrar o antes posible, pero hai que ir con paciencia e cando me atope ao cento por cento así será”.  “A pesar da lesión, 2014-15 foi a mellor tempada en Burela. Sempre se pode mellorar e cada ano intento facelo para cumprir cos obxectivos do equipo, tanto persoal como colectivamente” valoraba o madrileño, marcando metas máis altas para o vindeiro exercicio: “Intentaremos mellorar o obxectivo da tempada pasada, con humildade e traballo. Somos un bloque que nos coñecemos ben, con tres reforzos que nos axudarán e con Daniel, co que coincidín na miña anterior etapa en Inter, e que nos axudará en moitas facetas sobre a pista como grandísimo xogador que foi”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores