Noticias
3 de agosto de 2015
Inicio de pretempada para o conxunto de Lucas

O Burela FS Pescados Rubén de Iván Cao, Lucas, inicia a pretempada 2015-16 esta tarde. O cadro laranxa reunirase hoxe ás 19.00 horas en Vista Alegre para a volta ao traballo.


Xunto a Peque, Lara e Bea Mateos e ás novidades da ala-pivote Ceci e a gardameta Andrea, tamén emprenden un exercicio máis a capitá, Maite, Claudia e Shiori, que formalizarán oficialmente a súa continuidade na Mariña nos próximos días. Baixo os paus estrearase ademais Eva Lema, procedente do Viaxes Amarelle. Outra das que seguirá defendendo a elástica laranxa, Gaby, incorporarase á dinámica do equipo a finais da semana. Completarán o vestiario de pretempada as xogadoras do CD Adarve Judith e Enma.


O conxunto de Lucas pechará nos vindeiros días a axenda de amigables para comezar o mes de setembro coa Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero (domingo 6 en Vista Alegre e 12 ou 13 en La Estación), como aperitivo á competición ligueira que as laranxas arrincarán o 19 en Elxe.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores