Noticias
6 de agosto de 2015
Outra parada na posta a punto de pretempada

Os xogadores burelistas continúan coas exploracións médicas de pretempada; o equipo de Daniel Ibañes tamén ten esta semana como parada na posta a punto de cara ao inicio da competición o Centro Clínico Ribadeo, para someterse ás pertinentes probas de ecocardiograma.


Dende 2009, o Centro Clínico Ribadeo (rúa Dionisio Gamallo Fierros, número 3) traballa especialidades de medicina xeral, cardioloxía, traumatoloxía, neuroloxía, uroloxía, odontoloxía, otorrinolaringoloxía, reumatoloxía, e cirurxía maxilofacial, oftalmoloxía, podoloxía, psicoloxía, enfermería, fisioterapia e osteopatía. A clínica tamén ofrece, entre os seus servizos, consulta de xinecoloxía, dietista, logopeda, depilación con láser médico, pediatría, psiquiatría, radioloxía xeral, mamografías, radioloxía dental e teleradiografía, ecografías, electrocardiogramas, audiometrías, espirometrías e análises clínicas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores