Noticias
12 de agosto de 2015
Jozi volve a Burela

A internacional brasileira Joziane de Oliveira seguirá defendendo o CD Burela FS Pescados Rubén en 2015-16. A gardameta, que rematou contrato na Mariña en xuño e regresou ao seu país, finalmente chegou a un acordo para volver a España e cumprir a súa sétima campaña na entidade laranxa.


Jozi, que xa adestrou esta semana co equipo de Iván Cao, Lucas, será presentada mañá na apertura oficial de tempada para o CD Burela FS Pescados Rubén, xunto ás súas compañeiras baixo os paus, Andrea C. e Eva, e o resto do cadro feminino, ademais do conxunto masculino de Primeira División e os cadros de base Cadete, Xuvenil e Filiais. Vista Alegre acollerá o acto a partir das 21.30 horas, con cabida para o pasado, presente e futuro do club e moitas sorpresas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores