Noticias
17 de agosto de 2015
Luarca, primeiro destino laranxa en pretempada

O Burela FS Pescados Rubén estreará mañá o proxecto 2015-16 no primeiro amigable de pretempada. Luarca será o destino, para medirse a partir das 20.30 horas con Boal, de Segunda B, e unha selección de Occidente de Asturias.


Daniel Ibañes poderá dispoñer de todo o vestiario de pretempada a excepción de Mata, que cumpre cos prazos de recuperación da súa intervención de ligamento cruzado anterior. Xunto a Edu, Iago Míguez, Isi, Chano, Carlitos, Jorge, Antoñito e Hélder, debutarán Iago Rodríguez, Álex e Chino, xunto aos prometedores Rubén, Daniel e Renato.



Próxima parada


Antes de que remate a semana, o sábado, o cadro laranxa de Primeira División LNFS  xogará fronte ao Noia FS, de Segunda B, na Fonsagrada (18.30 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores