Noticias
18 de agosto de 2015
Maite: 'Estamos en débeda con Vista Alegre; é un ano para resarcirse'

“Empezo un novo ano coas ganas que sempre teño neste club e querendo optar por todos os títulos. Estamos en débeda con Vista Alegre; é un ano para resarcirse. Creo que unha vez máis temos cadro para iso, con boas incorporacións” así de ilusionada se mostraba Maite, no seu quinto exercicio na Mariña. O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Alberto Fernández destacaron a “garra e intensidade” da ala cacereña. “É unha xogadora á que xa consideramos da casa que co seu carácter fortalece o equipo” puntualizaba o presidente laranxa.


“Teño moita xente aquí á que quero e que me quere e por iso me apetecía seguir en Burela. Non sei qué será do meu futuro deportivo, pero o que tiña claro é que quería pasar un ano máis aquí co equipo, ademais de acabar os meus estudos de Hostalería” explicaba así Maite o seu apego a Burela, recoñecendo o grande ambiente con que regresou ao traballo o equipo: “Estamos moi animadas e motivadas, vimos coas pilas cargadas do verán. En Burela trabállase moito, sete sesións á semana, cun gran nivel de competitivade entre nós”.


Poio


O equipo de Lucas disputará mañá o seu primeiro envite da pretempada cun rival de liga con aires irmandiños. Será na pista do Poio FS Pescamar, ás 20.00 horas. “Xogar contra Poio sempre é un pracer, é un gran competidor, un equipo moi guerreiro” adiantaba a 17 laranxa, recoñecendo as ganas das mariñás por respirar a emoción dos partidos: “Xa levamos máis de dúas semanas adestrando nas que o grupo está funcionando moi ben, pero tamén xa tiñamos ganas de estrearnos nos amigables para romper coa monotonía dos adestramentos e empezar a poñernos en situación” concluíu Maite.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores