Noticias
18 de agosto de 2015
Importantes cambios na formación de Adestradores

O coordinador dos cursos formativos da Federación Galega de Fútbol na Mariña, Alfonso Mera, e o profesor dos ciclos en Burela Marcelino Luna acudiron a semana pasada a Santiago a unha reunión na que a Escola Galega de Adestradores planificou a tempada 2015-16, con importantes cambios aprobados pola UEFA Coaching Convention.
O director da escola, Manuel Mosquera, reuniuse cos delegados e coordinadores dos ciclos de toda Galicia para informar das novidades para o novo curso académico.A UEFA Coaching Convention, órgano responsable da formación de adestradores na zona UEFA, na súa reunión do 14 de decembro de 2014,  aprobou as modificacións que se levarán a cabo a partir desta temporada, que se centran en asegurar a futura calidade do fútbol e fútbol sala, que en gran medida está en mans dos adestradores e que son os que desempeñan un papel vital no desenvolvemento dos xogadores e dos partidos.
A partir deste ano incorpórase o novo plan de estudos dos cursos, empezando esta temporada polo Nivel 1 que pasa a chamarse Adestrador Básico de Fútbol. Este curso terá novas materias e polo tanto novos temarios que a Escola ten que desenvolver.
O novo programa lectivo inclúe cambio de niveis; agora pasan a ser Básico, Avanzado e Profesional, aínda que os que ya teñan iniciado o ciclo anterior (Nivel 1, 2 e 3) poderán finalizalo e conseguir a Licenza UEFA para poder adestrar fóra de España. Os que comecen agora xa iniciarán o novo ciclo no Curso Básico de Adestrador.


A matrícula para o  Curso Básico de Adestrador de Fútbol xa está dispoñible desde o 1 de agosto en www.futgal.es, na sección de Adestradores-Escola-Inscrición Online. Os prazos sobre o curso de Fútbol Sala faranse públicos nos vindeiros días.


 


Máis información

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores