Noticias
25 de agosto de 2015
A saúde laranxa volve estar en boas mans

A saúde do CD Burela FS Pescados Rubén volve estar unha tempada máis en boas mans. O presidente e o vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luís Sáez, reuníronse co corpo médico, que lles deu un informe detallado do estado de xogadores e xogadoras de Primeira División, ademais de avanzar o seguimento que realizarán ao longo da tempada.


Xunto ao día a día do fisioterapeuta Daniel Tomé Lage seguirá traballando o seu homólogo Juan Eiroa, desde a clínica L2 Fisioterapia, coa supervisión do médico Francisco Javier Fernández Couce. A nutricionista Alba Vila coordinará con adestradores e preparadores físicos a alimentación dos futbolistas, integrada na planificación de preparación e rendemento deportivo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores