Noticias
28 de agosto de 2015
O Burela Pescados Rubén supera con claridade (4-0) ao Cidade Narón e pasa á gran final
O Burela Pescados Rubén imponse con claridade ao Cidade Narón por 4-0 e clasifícase para a gran final do Torneo E para comer Lugo onde se medirá ao Palma Futsal, a partir das 20.15 horas. O Cidade Narón e o Santiago Futsal loitarán polo terceiro e cuarto posto a partir das 18.00 horas en Vista Alegre.
Fotografía: Manuel Gil Fotografía: Manuel Gil Fotografía: Manuel Gil
A escuadra mariñá dirixida por Daniel Ibañes plasmou na pista a superioridade ante un Cidade Narón que estivo combativo en todo momento. Os burelaos despregaron un xogo alegre e dinámico controlando o partido de principio a fin e sen apuros defensivos. Iago Míguez foi o encargado de abrir a lata e aínda que gozou de máis oportunidades o conxunto local, chegouse ao descanso co 1-0. Na segunda parte o Burela Pescados Rubén aumentou a súa renda cun tempraneiro tanto de Chano (2-0). Os ferroláns acusaron o golpe inicial e Bellvert puxo o 3-0 no marcador. O dominio local era patente e nunha contra Helder realizou unha precisa asistencia a Chino que situaba o 4-0, minuto 32. Con esta distancia e co Burela Pescados Rubén temporizando o xogo chegouse á recta final dun choque que acabou con vitoria laranxa por 4-0. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Alex, Bellvert, Helder, Iago Rodríguez, Chino -cinco inicial- Isi, Chino, Antoñito, Iago Míguez, Carlitos, Renato. Cidade de Narón: Juanjo, Javi, Jacobo, Rober, Juve -cinco inicial- Alex, Cristian, Buján, Iván. Goles: 1-0, m. 8, Iago Míguez; 2-0, m.21, Chano; 3-0, m.26, Bellvert; 4-0, m.29, Chino. Incidencias: Segunda semifinal do I Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridade do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores