Noticias
29 de agosto de 2015
Clara vitoria do Santiago que acada o terceiro posto do Torneo E para comer, Lugo
O Santiago Futsal impúxose con autoridade ao Cidade de Narón por 1-8 e adxudicouse a terceira posición do I Torneo E para comer, Lugo. A escuadra de Santi Valladares non quixo deixar ningunha porta aberta para a sorpresa e comezou o duelo coa súa intensidade habitual.
Nos primeiros compases o Cidade de Narón contivo o asedio compostelán pero o 0-1 marcado por Dani Montes, minuto 6, deu paso a unha maior eficacia santiaguesa. Nun par de minutos, Santi e Diego Quintela marcaron o 0-2 e 0-3, respectivamente. Con este marcador o Santiago Futsal baixou un pouco o pistón para apertar de novo no tramo final. Dani Montes marcou o seu primeiro gol da tarde dende o dobrepenalti (0-4) e Isma puxo o seu selo co 0-5, resultado co que se chegou ao descanso.

Na continuación o Cidade de Narón saíu disposto a seguir competindo e tivo algunha ocasión para recortar distancias pero Alex Diz sacou a súa clase a relucir e nunha acción persoal asinou o 0-6, minuto 29. Os departamentais recortaron o marcador cun gol de Buján de falta directa logrando o tanto do honra (1-6) que deu paso ao festival de Dani Montes desde o dobrepenalti. O xogador compostelán demostrou a súa eficacia marcando o 1-7 e o 1-8 desde o dobrepenalti para acabar o encontro cun póker de goles. Con este resultado (1-8) chegouse ao final dun partido de clara superioridade santiaguesa.


Ficha técnica
Cidade de Narón: Juanjo, Jacobo, Rober, Cristian, Juve –cinco inicial- Iván, Javi, Brais, Alex, Bieito, Buján.
Santiago Futsal: Iker, Isma, Mel, Santi, Diego Quintela –cinco inicial- Dani Quintela, Dani Montes, Iván Rumbo, Alex Diz, Quique.
Goles: 0-1, m.6, Dani Montes; 0-2, m.7, Santi; 0-3, m.8, Diego Quintela; 0-4, m.17, Dani Montes (DP); 0-5, m.19, Isma; 0-6, m.29, Alex Diz; 1-6, m.31, Buján; 1-7, m.34, Dani Montes (DP); 1-8, m.36, Dani Montes (DP).
Incidencias: Encontro polo terceiro e cuarto posto do Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridades do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores