Noticias
31 de agosto de 2015
O CD Burela FS está con Osa do Mar

O CD Burela FS Pescados Rubén apoiará á Asociación Cultural Fanto Fantini no festival Osa do Mar 2015, unha cita que reunirá diferentes estilos musicais na contorna da Marosa entre o venres 4 e sábado 5 de setembro. O presidente, Manuel Blanco, recibiu na sede laranxa a Marcos Reimunde e Diego Campo, como representantes do colectivo, para estreitar lazos entre as entidades e pechar os detalles de colaboración dende o club burelista.


Ademais de música e unha variada axenda de actividades complementarias con Osa do Mar, Burela tamén poderá gozar esta fin de semana de dobre cita en Vista Alegre. O sábado o equipo de Daniel Ibañes despedirá os compromisos de pretempada coa visita do Prone Lugo AD, ás 18.00 horas (entrada gratuíta) e o domingo o conxunto de Lucas disputará o partido de ida da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, a partir das 13.00 horas (entrada: 3 €/adulto e gratuíto/menor de idade).


Descubre todo sobre Osa do Mar en www.osadomar.com

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores