Noticias
1 de setembro de 2015
Dispoñibles os carnés 2015-16 dende o mércores 2

Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2015-16, con baixada de prezos, dende mañá, mércores 2 de setembro, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co amigable fronte ao Prone Lugo AD, o sábado (18.00 horas), e o partido de ida da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o domingo (13.00 horas).


Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).



Novas tarifas de socios/as para 2015-16


Abono Familiar: 140 euros
Abono Individual: 75 euros
Abono Xubilado: 60 euros
Abono 25 (18-25 anos): 30 euros
Abono 17 (0-17 anos): 10 euros


Consigue o Abono Laranxa con La Caixa. Esta tempada La Caixa ficha polo CD Burela FS Pescados Rubén obsequiando os seus clientes co abono laranxa 2015-16. Queres conseguir gratis o carné burelista? Domicilia os teus ingresos en La Caixa e teralo. E se xa es cliente de entidade bancaria, podes conseguilo contratando un seguro de 300 euros, de prima mínima e levando un amigo a La Caixa.


Máis información na oficina 2460-Burela, avenida Arcadio Pardiñas 81, baixo (teléfono 982555910)

Documentos relacionados:
190 KB
La Caixa Abonos 2015-16
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores