Noticias
4 de setembro de 2015
Despedida de pretemporada con Prone Lugo

O CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira LNFS despide os seus compromisos de pretemporada mañá coa visita a Vista Alegre de Prone Lugo AD, a partir das 18.00 horas (entrada gratuíta).


“Estamos desexando que empece a liga xa, aínda que este partido con Prone tamén nos virá ben para corrixir e mellorar erros cometidos en pretemporada noutros compromisos” valoraba así Daniel Ibañes en vésperas do duelo lugués. “O equipo foi mellorando coas novas ideas; as incorporacións axustáronse ben ao bloque. O cambio de xogo non foi tan brusco, con máis novidades en defensa, pero todo o equipo respondeu moi ben á nova filosofía”, explicaba o técnico burelista.


Xunto a Mata, Daniel Ibañes non poderá contar nin con Carlitos, por fractura de tabique nasal durante un adestramento desta semana, nin con Isi, por molestias no tendón de Aquiles. Entrarán na convocatoria os xuvenís Renato e Aarón Fernández.



Arranque ligueiro


O cadro mariñán estreará a competición ligueira o sábado 12 na casa fronte ao Aspil Vidal Ribera Navarra (18.30 horas).



Carnés 2015-16


Os soci@s burelistas xa poden recoller o carné de nova tempada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo), de luns a venres (10.00-14.00 horas/16.00-19.00 horas). Tamén poderán recollelo en Vista Alegre tanto o sábado a partir das 18.00 horas, como o domingo coincidindo o partido de ida de Supercopa de España entre Burela FS e Atlético de Madrid Navalcarnero (13.00 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores