Noticias
6 de setembro de 2015
Táboas no primeiro envite da Supercopa, con gran traballo das laranxas
O CD Burela FS Pescados Rubén viaxará a Madrid o sábado 12 con empate en Vista Alegre (2-2), tras un gran traballo das laranxas fronte ao titánico Atlético de Madrid Navalcarnero, cunha segunda parte na que as de Lucas mereceron máis. O partido decisivo arrincará ás 17.00 horas na Estación.

Con moitísimo equilibrio, sen dominio claro nos primeiros minutos, o conxunto visitante adiantouse con Ari (minuto 5) de penalti, tras mans de Maite. Moita presión por ambas as escuadras. Tan só dous minutos despois, a referencia ofensiva burelista igualou o marcador nunha recuperación de lonxe tras saque de banda. O segundo das laranxas a punto estivo de chegar no 9 cun disparo cruzado de Bea ao que non puido chegar Shio fronte ao pau. A defensa da Mariña fixo un traballo excelente sobre o minuto 11 nunha serie de rexeites na área de Jozi, que acabou liberando Peque. Volveu a internacional xaponesa no 14 a tentar a meta de Estela, desde o centro, que acabou nas mans da de Madrid. A falta de 20 segundos o Navalcarnero tivo un a mellor ocasión do primeiro período; Desirée non recolleu ao bordo da liña laranxa o pase de Ari desde banda contraria.

Tras o descanso, as de Andrés Sanz aproveitaron unha tentativa de corte de Gaby na área mariñá para poñer distancia de novo no marcador, de Marta Pelegrín (minuto 26). Lonxe de amilanarse, as de Lucas foron a por todas; intentouno Gaby poucos segundos despois, chocando o esférico contra Estela, que non puido facer nada ante o potente mísil exterior de Ceci na seguinte xogada. Acto seguido, Peque puxo en pé a bomboneira en dúas ocasións asediando a portería atlética e Maite fixo o propio tamén por partida dobre superado o minuto 30. Incrementaron intensidade e perigo as locais; Peque desde o chan na banda, no 32, rozou o pau e Ceci, sobre o 35, puxo en apertos á meta madrileña por partida dobre. Antes Jozi mantívose impertérrita ante un gran balón de Ari.

A falta de dous minutos para o final, Maite, en galopada, recibiu ao bordo da área un balón que se estrelou contra o pau. Pouco despois a combinación Peque-Gaby fixo tremer os paus madrileños nunha serie de rexeites que non conseguiron ver a rede.


Ficha técnica

CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Ceci, Maite, Claudia
Atlético de Madrid Navalcarnero: Estela, Ari, Leti, Ju Delgado, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Desirée, Marta Pelegrín, Rocío Sevilla,
Goles: 0-1, minuto 5, Ari; 1-1, minuto 7, Peque; 1-2, minuto 26, Marta Pelegrín; 2-2, minuto 27, Ceci
Tarxetas: Por Burela FS, amarela a Maite (minuto 5), Gaby (minuto 17). Por Navalcarnero, amarela a Ari (minuto 9)
Árbitros: Amor Vizoso (Ferrol) // Darriba Villamor (Lugo)
Incidencias: Partido de ida de Supercopa de España disputado en Vista Alegre ante uns 700 afeccionados, coa presenza de Patricio Allende, en representación da RFEF. Minuto de silencio polas vítimas do accidente de Carral (A Coruña) sufrido onte durante unha competición de rally
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores