Noticias
11 de setembro de 2015
Volve a Liga a Vista Alegre!!
Volve a Liga a Vista Alegre que abre o telón co duelo entre CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribera Navarra. A xornada inicial enfronta a galegos e navarros no feudo laranxa a partir das 18.30 horas. O estreo da competición tamén supón o debut oficial de Daniel Ibañes como técnico burelao. O novo técnico laranxa vaticina un encontro moi igualado “ante un equipo potente como é o Aspil Vidal que vén de realizar unha excelente tempada e reforzouse con xogadores de calidade. É un conxunto que non perdoa si fas concesións polo que debemos cometer pouco erros”. Daniel tamén quixo realizar unha chamamento á afección “co seu apoio seremos máis fortes, o seu alento axudaranos ha conseguir puntos e vitorias”. Convocatorias CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu / 5. Iago Míguez / 7. Isi / 9. Iago Rodríguez / 11. Chano / 13. Alex / 18. Jorge Bellvert / 19. Aaron / 20. Chino / 23. Antoñito / 27. Renato / 30. Helder Aspil Vidal Ribera Navarra FS: 15. Molina / 17. Zardoya / 2. David / 3. Hamza / 4.Roger / 6.Luisma / 8. Andresito / 9. Lucho / 10. Joselito / 12. Pedro / 14. M.García 20. David Pazos
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores