Noticias
11 de setembro de 2015
El Burela Pescados Rubén a por la conquista de la Supercopa!!!!
O Burela Pescados Rubén busca a conquista da Supercopa de España ante o actual campión, o Atlético Féminas Navalcarnero. Ambas escuadras disputan o encontro de volta tras un partido de ida que finalizou con empate a dous tantos. A igualdade é máxima entre ambos conxuntos que se coñecen á perfección malia os cambios en ambas escuadras. O pavillón da Estación será o escenario do clásico por excelencia da Primeira División Feminina. A partir das 17.00 horas comezará unha final que poderá seguirse en directo a través da emisión de vídeo por streaming con Paixón Media Comunicación a través do seguinte enlace: http://pasionmc.com/ O técnico burelés, Iván Cao, confía plenamente na conquista da Supercopa e ve ao seu equipo “moi concienciado para superar este desafío. Realizamos unha gran semana de preparación do partido e si somos capaces de mostrar o nivel de xogo do encontro de ida teremos moitas opcións de ser campioas aínda que para iso tamén debemos ser máis contundentes na definición”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores