Noticias
18 de setembro de 2015
As Supercampioas estrean a Liga ante o Elche CF
As Supercampioas de España estrean a competición ligueira en Vista Alegre ante o recentemente ascendido a Primeira División, Elche CF. O duelo dispútase o sábado día 19, a partir das 20.00 horas. O club ilicitano súmase á filosofía laranxa do deporte en igualdade xa que o Elche CF estréase esta tempada cos seus equipos masculino e feminino na máxima categoría nacional do Fútbol Sala.

Vista Alegre recibirá a Supercopa de España, recientemente conquistada pola escuadra dirixida por Iván Cao “Lucas”, e inaugura a Liga cun duelo de contrastes. O CD Burela FS Pescados Rubén afronta a nova tempada coa mentalidade de conquistar o maior número de títulos posibles mentres que o Elche CF buscará a permanencia como meta inicial. Malia a súa condición de novatas na categoría, as ilicitanas contan con xogadoras contrastadas e de experiencia en Primeira División, ademais da súa adestradora Maravillas Sansano, referente no Futbol Sala feminino.


 


PINCHA AQUÍ  para seguir en directo o encontro vía streaming con Pasión Media Comunicación


 


O técnico burelao, Iván Cao, espera que o seu equipo comece a competición ligueira “coa mesma mentalidade que afrontamos a Supercopa. Desde a xornada inicial a Liga está en xogo e queremos comezar cunha vitoria. Sabemos que en fronte está un equipo cunha boa mestura de mocidade e experiencia e que ten a ilusión do debutante pero non debemos pecar de exceso de confianza. Chegamos ao partido con algunhas baixas e xogadoras tocadas pero temos que facerlles notar o cambio de categoría. Debemos impoñer o noso ritmo de xogo e xogar con máxima concentración e esforzo”.


 


Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén:
1.Jozi  5. Claudia   7. Peque  8. Emma 9. Gaby  11. Ceci  13. Andrea  14. Bea Mateos  15. Judith  17. Maite  31. Eva


Dúbidas: Claudia e Bea Mateos entran na convocatoria pero a súa participación é dubidosa debido a diversas molestias.
Baixas:
10. Lara, por lesión (forte contractura no cuadricéps dereito); 18. Shio, por compromisos coa selección xaponesa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores