Noticias
18 de setembro de 2015
Derrota por 3-1 do Burela na súa visita a Palma de Mallorca
Fotografía: Palma Futsal
O Burela Pescados Rubén regresa de Palma de Mallorca con sensacións contraditorias trala derrota ante o Palma Futsal (3-1) xa que a escuadra mariñá realizou outro bo partido pero sen a recompensa merecida dos puntos. O encontro caracterizouse pola igualdade entre ambos contendentes durante a primeira parte, os equipos presionaban ben ao seu rival e gozaron de oportunidades para abrir o marcador pero os porteiros evitaron que se movese o empate inicial ata que Tomaz aproveitou unha xogada individual de Taffy para situar o 1-0 ao bordo do descanso. Na continuación, a intensidade seguía presente en Son Moix e aínda que os burelaos xeraron perigo para lograr o empate os insulares mostraron maior eficacia. De novo Tomaz erixiuse en protagonista ao marcar o 2-0, minuto 25, dando paso a uns momentos de desasosego laranxa. Os de Daniel Ibañes lograron reaccionar e elaboraban ben o xogo pero faltáballe culminar ata que Jorge Bellvert situou o 2-1, minuto 30. O gol do Burela xerou inquietude nas filas mallorquinas que xa tiña o cupo de faltas cuberto nese instante. O Burela sumaba méritos para alcanzar o empate, con Chino como referencia ofensiva, ante un Palma que recuaba e que se encomendaba á súa calidade individual. O choque decantouse para os locais no minuto 38. Xogada polémica no área de Barrón con Chano como protagonista para marcar o empate que finaliza con disparo de Pizarro desde a súa pista para marcar o 3-1 definitivo a porta baleira. Ficha técnica Palma Futsal: Carlos Barrón, Vadillo, Joselito, Chicho, Taffy –cinco inicial- Attos, Tomaz, Sergio, Paradynski, Pizarro. CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Isi, Iago Míguez, Chano, Chino –cinco inicial- Bellvert, Helder, Antoñito, Iago Rodríguez. Goles: 1-0, m.16, Tomaz; 2-0, m.25, Tomaz; 2-1, m.30, Bellvert; 3-1, m.38, Pizarro. Árbitros: García Donas, Moreno Millán. Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Primeira División da LNFS. Disputado no pavillón de Son Moix de Palma de Mallorca.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores