Noticias
24 de setembro de 2015
O Parrulo, rival laranxa na Copa do Rei

O CD Burela FS Pescados Rubén estrearase na Copa do Rei fronte ao Parrulo FS, de Segunda, que quedou exento do inicio da competición; así o decidiu o sorteo da segunda eliminatoria celebrado esta mañá na Cidade do Fútbol de Las Rozas.


Os equipos de Segunda División e Segunda División B foron designados como locais, sendo os dezaseis equipos de Primeira División os conxuntos que actuarán como visitantes nesta eliminatoria a partido único, que se disputará entre os días 29 e 30 de setembro.


“É unha eliminatoria complicada, cun só partido e como visitante. Para nós é un partido importante; debemos ir coa máxima concentración; na última Copa Galicia xa demostraron as súas armas” explicaba Daniel Ibañes.


Emparellamentos da segunda eliminatoria:


CD OLIMPIC DE TRIANA MUNDOSEGUROS-JAÉN PARAÍSO INTERIOR
FS SILVER NOVANCA-LEVANTE UD DOMINICOS MARISTAS
AD CLUB PÍO-PÍO TEMISAS-FC BARCELON
CD BÁSICO FUTSAL TALAVERA-ELPOZO MURCIA FS
CLUB MOSTEIRO BEMBRIVE FS-SANTIAGO FUTSAL
FS PALLEJÀ- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR
CE ESCOLA PIA- AE PALMA DE MALLORCA FS DE MANACOR
ZIÉRBANA FS-RIBERA NAVARRA FS
ZAMORA FS-DLINK ZARAGOZA
CARTHAGO SALA 2013- FS JUMILLA BODEGAS CARCHELO
CD FUTSAL SEGOVIA NATURPELLET- PEÑÍSCOLA FS
CDE FS CIUDAD DEL VINO-ELCHE FS SAD
GÁLDAR COHESAN FS-MOVISTAR INTER
NAZARENO REAL BETIS BALOMPIÉ FS- CD U. MÁLAGA
O PARRULO FS-CD BURELA FS PESCADOS RUBÉN
CIDADE DE NARÓN-MAGNA GURPEA NAVARRA

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores