Noticias
24 de setembro de 2015
Complicado destino na terceira xornada

O CD Burela FS Pescados Rubén visitará a complicada pista do Magna Gurpea Navarra mañá na terceira xornada de Primeira División LNFS (Anaitasuna, 20.30 horas) na busca da primeira vitoria da tempada.


“Sabiamos que tiñamos un inicio complicado, con dúas saídas consecutivas difíciles, pero imos co obxectivo de seguir xogando na mesma liña, aínda que tamén buscamos un pouco máis de acerto de cara á portería. Se o conseguimos será un partido moi igualado, aínda que Magna é un rival moi forte na casa que se lle resiste ao Burela FS”, adiantaba Daniel Ibañes sobre os de Pamplona, que tamén contabilizan 1 punto na súa cuadrícula ata o momento.


As ausencias no vestiario burelista serán os convalecentes Matamoros e Carlitos; na convocatoria entraron o xuvenil Renato e Aitor, do Burela FS B. Nas filas locais non estará Carlitos, lesionado no cuádriceps da súa perna dereita no partido contra Santiago Futsal.


Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato, 28. Aitor, 30. Hélder


GOLES SOLIDARIOS


Vista Alegre rendeuse onte aos goles solidarios do CD Burela FS Pescados Rubén e a Selección de Vietnam nun amigable a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. O combinado asiático, dirixido polo ferrolán Bruno García, impúxose 2-3 á escuadra mariñá; Isi e Chino anotaron por parte dos burelistas. “A actitude do equipo non foi a adecuada; non reaccionamos como o estamos facendo en liga, deixámonos levar un pouco, aínda que tamén puidemos gozar dun quinteto dos da casa” repasaba Daniel Ibañes.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores