Noticias
25 de setembro de 2015
Debut ligueiro na bomboneira

Vista Alegre acollerá o debut ligueiro do Futuro Laranxa por partida tripla na segunda xornada das competicións autonómicas. O Burela FS Pescados Rubén Feminino B recibirá A Fervenza FSF o domingo, ás 12.00 horas; o sábado, ás 11.00 e ás 12.30 horas, Infantil A e Cadete B, respectivamente, mediranse ao Lugo Sala FS.



As pupilas de Pablo Díaz estreáronse na categoría a semana pasada, impoñéndose ao Leis Pontevedra FS 2-4. O conxunto cadete tamén venceu, 2-3 ante O Parrulo; os infantís, pola contra, caeron 7-0 na pista dos ferroláns.



Amigable en Terceira



O equipo de Juanma Marrube ultima a súa preparación para arrancar coa competición de Terceira. Hoxe recibirá o Sala5 Coruña FS, ás 20.30 horas en Vista Alegre, como último compromiso antes da 1ª xornada de liga, o vindeiro  sábado, 3 de outubro, cando recibirá o Santiago Futsal B.

Documentos relacionados:
259 KB
Horarios de adestramento 2015-16
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores