Noticias
25 de setembro de 2015
Primeira semana de diversión para a ED Burela FS 2015-16

A ED Burela FS, entre Miniprebenxamín e Infantil, comezou esta semana o novo curso cos primeiros adestramentos, xunto ao Cadete C. Tamén se estrearán sobre a pista co X Torneo de Sarria Os Meigallos FS esta fin de semana, cos equipos Benxamín A e B, Alevín, Infantil B e Cadete B e C.



Os nenos/as que queiran divertirse co mellor fútbol sala aínda poden matricularse en calquera dos 6 grupos da escola: Iniciación, Miniprebenxamín, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. O prazo rematará o 30 de setembro ou a medida que se vaian cubrindo as vacantes.



O luns 5 de outubro comezarán os adestramentos específicos de portería e o mércores 7 os de coordinación. As reunións informativas de todas as categorías marcaranse para a semana do 12 de outubro.



As persoas interesadas poden recibir máis información nas oficinas do club ou a través do número de teléfono 982 581 815. Horario de atención ao público: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00 horas)


 


Horarios de adestramento (documento adxunto)



Documentos relacionados:
259 KB
Horarios de adestramento da base 2015-16
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores