Noticias
30 de setembro de 2015
O Benxamín, campión do X Torneo Os Meigallos en Sarria

O Futuro Laranxa gozou durante a fin de semana do X Torneo Os Meigallos de Sarria reinando en Benxamíns, co título de campión, ademais das estatuíñas individuais de Rafa Cancelos como mellor xogador, Yago Ares como máximo goleador e Ester Riveira como mellor porteira.


O podio tampouco se puido resistir a Infantil B e Cadete B, co trofeo de subcampións e o galardón para Víctor Rodríguez como mellor xogador infantil e Luka Eijo, máximo goleador cadete. O Cadete C, pola súa banda, conseguiu o bronce na categoría e o Alevín rematou na cuarta praza.



Outros resultados


Nas ligas de Autonómica o Infantil A e o Cadete A impuxéronse ao Lugo Sala FS na súa visita á Mariña, 4-2 e 2-0, respectivamente. Na segunda xornada de competición, as pupilas de Pablo Díaz non puideron dar continuidade á boa estrea na liga galega, nunha cita goleadora fronte á Fervenza FSF (5-7). Na despedida de pretempada, o Burela FS B empatou fronte ao 5Coruña FS (2-2); o cadro de Juanma Marrube recibirá o Santiago Futsal B no debut de Terceira (sábado 3, Vista Alegre, 16.00 horas).


División de Honra Xuvenil


O equipo de Christian Fustes comezará a andadura ligueira este domingo fronte ao CP Casás (Vista Alegre, 12.30 horas).


O Xuvenil burelista terá que facer fronte a un calendario de 26 xornadas que rematará o 23 de abril de 2016. Xunto aos  laranxas, o Grupo 1 da categoría estará composto por Vilalba FS, ADFS Bueu, Cidade de Narón, Leis Pontevedra, Prone Lugo, SD A Gaiola, Santiago Futsal, CP Casás, Randufe Futsal, Vigo 2015, Noia FS e IES Coruxo.

Documentos relacionados:
180 KB
Resultados 26-27 de setembro 2015
245 KB
Resultados X Torneo Os Meigallos, Sarria 2015
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores