Noticias
30 de setembro de 2015
O fútbol sala laranxa ficha por Acia Burela

O CD Burela FS Pescados Rubén e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela estreitarán lazos en 2015-16 en prol da dinamización e promoción da vila. O dirixente do club, Manuel Blanco, recibiu na sede laranxa o presidente e a tesoureira de Acia Burela, Rubén Pinín e Marta Basanta, para formalizar o acordo de colaboración.


Neste marco de actuación entre ambas as entidades, coa difusión de campañas conxuntas, as compras en Acia Burela terán agasallos a través das Semanas Laranxas, con entradas gratuitas para os partidos de Vista Alegre de Primeira División, e a afección da Bomboneira poderá conseguir vales de desconto nas empresas asociadas de Acia, en sorteos durante as citas futbolísticas.


Esta semana é Laranxa nos establecementos de alimentación e ocio A Pastoriza, A Petaca, A Pomba Mensaxeira, A Sartén de Carmen, Activity Center, Carnicería Dayanpri, Carnicería Rufino, Celebra o teu Día, Cerezo Bikes, Cinebank Burela, Conservas Ares, O Almacén do Peixe, O Colmado, O Forno de Pepe, O Lagar, O Rincón do Trasgo, Panadería Húcar, Panadería Trabada, Pastelería Kiko, Pescados Perona, Please Pass 24h, Viaxes Eroski, Viaxes Terra Mar, Ximnasio Breogán, Ximnasio Hawk.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores