Noticias
5 de outubro de 2015
O Burela FS chega á Copa do Rei con ronsel de vitoria

O Burela FS Pescados Rubén poderá disputar finalmente mañá a segunda eliminatoria da Copa do Rei na casa do Parrulo FS (A Malata, 20.45 horas), tras a suspensión da semana pasada por un corte de luz no pavillón ferrolán. O equipo da Mariña chega á cita con confianza e moral, co ronsel da primeira vitoria da tempada, logo de impoñerse o sábado ao Elche CF V. Alberola en liga (3-2).


“Será un partido moi igualado. Se conseguimos unha vitoria seremos un dos mellores equipos galegos en Copa do Rei e por iso pelexaremos mañá; para facer o mellor papel nesta competición” adiantaba Daniel Ibañes, que non poderá contar con Iago Míguez para mañá por unha artrite da articulación metatarsofalánxica do primeiro dedo do pé dereito.


Oitavos. No caso de saír vitoriosos, os laranxas mediranse ao Ribera Navarra en Tudela en oitavos (13-14 de outubro).


Liga en Teledeporte. A escuadra burelista desprazarase ao Siglo XXI para medirse ao DLink Zaragoza o sábado, na quinta xornada (13.00 horas), con emisión en directo por Teledeporte.


Resultados 1/16 Copa do Rei


Cidade de Narón 3 – 8 Magna Gurpea
Ziérbana 2 – 3 Aspil Vidal Ribera Navarra
Escola Pía 5 – 6 Catgas E. Santa Coloma
Triana FS 2 – 6 Jaén P. Interior
Naturpellet Segovia 6 – 7 Peñíscola RehabMedic
FS Valdepeñas 3 – 2 Elche CF V Alberola
FS Zamora 1 – 8 D-Link Zaragoza
Mosteiro Bembrive 4 – 2 Santiago Futsal
OID Talavera 3 – 6 ElPozo Murcia
Palleja 1 – 7 Palma Futsal
Real Betis FSN 7 – 4 CD UMA Antequera
Silver Novanca 3 – 2 Levante UDDM
Gran Canaria FS 2-9 Movistar Inter
P. Romero Cartagena 5-4 Jumilla FS Carchelo


Martes 6 de outubro:
Cofersa O Parrulo FS-CD Burela FS Pescados Rubén
Profiltek Agüimes - FC Barcelona Lassa



 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores