Noticias
9 de outubro de 2015
Claudia: 'Somos un equipo con máis complicidade'
Foto: El Progreso

Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén vivirán o primeiro duelo irmandiño mañá, coa visita do Poio Pescamar FS (18.30 horas) pelexando por conservar a boa liña inicial de tempada. O derbi poderá seguirse en directo por streaming. PINCHA AQUÍ


A última vez que se viron as caras pontevedresas e mariñás foi en pretemporada con marcador favorable para o Poio (5-1), pero o escenario e os protagonistas cambiaron. “O Burela FS non é o mesmo, somos un equipo con máis complicidade e máis unido” advertía Claudia, que tamén destacou a boa sensación que lle deixou o rival no seu anterior envite: “Gustoume moito, presentando o partido cunha defensa adiantada e presionando”.


Con pleno de puntos en liga e tras a meritoria vitoria na pista de Alcorcón, o Burela móstrase máis seguro. “Deunos moitos ánimos; son tres puntos pero para min son 6 porque viaxamos con ausencias e ademais Bea e eu tampouco estabamos ben” explicaba Claudia, que abriu o marcador do triunfo. “Esta semana xa volve Peque e tanto Bea como eu xa nos recuperamos das diferentes molestias” adiantaba a focega.


As pupilas de Lucas completarán a preparación para o derbi na última sesión esta tarde. Non entrarán Emma e Judith por lesión.



Deportista Lucense 2015


A 5 laranxa recibiu onte en Lugo o recoñecemento dos lectores de El Progreso como Deportista Lucense 2015 na sección de fútbol sala. “É un gran orgullo, é o recoñecemento ao traballo de todos estes anos e motívame para seguir mellorando, pero tamén é un premio para as miñas compañeiras e adestradores cos que vivo e vivín o fútbol sala” explicaba con emoción Claudia, que xa recolleu o galardón do xornal lucense en 2011-12.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores