Noticias
14 de outubro de 2015
O laranxa tamén brilla pola Saúde Mental

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña brillou de laranxa no triangular de fútbol sala disputado onte en Betanzos; o colectivo estreou equipacións burelistas doadas polo club mariñán. A directiva do CD Burela FS Pescados Rubén Alba Vila e o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, visitaron a semana pasada as instalacións da asociación en Cervo para facer entrega deste material e adiantar proxectos conxuntos promovendo o deporte en igualdade como veñen realizando nas últimas tempadas


A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental  da Mariña participou na cita deportiva, convidada polo Consorcio As Mariñas, dentro do seu programa de  actos de celebración do Día Mundial da Saúde Mental. O equipo mariñán, formado por usuarios do colectivo e colaboradores que adestran con eles semanalmente, gozou dunha tarde de fútbol sala xunto a un conxunto anfitrión, do Consorcio das Mariñas, e un equipo da Asociación Pro Enfermos Mentais. Os tres cadros tamén puideron deleitarse coa solidariedade dos veteranos do RCD Deportivo da Coruña, que colaboraron reforzando as escuadras sobre a pista.


Os preto de cincuenta usuarios do colectivo da Mariña que viaxaron a terras coruñesas tamén visitaron o Aquarium Finisterrae e a Torre de Hércules.


Iago Míguez en Agarimo. Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, a asociación abriu as portas da súa residencia o sábado pasado e presentou a súa revista, Agarimo, cun pequeno oco para as vivencias burelistas de Iago Míguez.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores