Noticias
14 de outubro de 2015
Vista Alegre habilitará un novo acceso dende o partido de Jumilla

A partir deste sábado, coincidindo co partido de Jumilla B. Carchelo (18.30 horas), Vista Alegre habilitará dous accesos ao pavillón para as citas de Primeira División LNFS. Os afeccionados laranxas poderán entrar indistintamente polas portas 1 e 4, controladas mediante tornos, cumprindo así coa Lei do Deporte no que se refire ao acceso a instalacións onde se celebren espectáculos deportivos.


Recórdase a todos os afeccionados que tanto a venda de entradas en taquilla como os accesos a Vista Alegre están abertos desde unha hora antes dos encontros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores