Noticias
15 de outubro de 2015
O Cadete A defende a primeira praza en terras coruñesas

O CD Burela FS Pescados Rubén defenderá mañá a primeira praza de Autonómica Cadete en terras coruñesas (19.15 horas), fronte a un rival directo, o Colexio Liceo, na segunda posición, con dous puntos menos ca os laranxas. Ás 20.30 horas, tamén se enfrontarán herculinos e mariñáns en galega infantil.


Os burelistas chegan á quinta xornada con 12 puntos, tras impoñerse ao Parrulo FS (1-3), Lugo Sala (2-0), Pecheches (1-11) e O Carballiño (8-1). Pola súa banda, os coruñeses teñen na súa cuadrícula tres triunfos (Vigo 2015 6-2, Narón Futsal 1-4 e Ancora D’Ouro 3-4) e un empate (Santiago Futsal 3-3).


Baixo as directrices de Christian Fustes, en 2015-16 o conxunto cadete está composto por Luismi Nieto, José Luis Sáez, Domingos Xavier Pinto, Sergio Rivas, Adilson de Jesús Varela, Luka Eijo, Néstor Valle, Alberto Quelle, Edmilson Monteiro, Manuel Martínez, Aarón Artime e Jairo Ares.


Calendario de partidos (adxunto)

Documentos relacionados:
180 KB
Calendario 16-17-18 de outubro
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores