Noticias
16 de outubro de 2015
Lara: 'Temos que facer un partido moi completo para gañar en Majadahonda'

A quinta xornada de Primeira RFEF levará mañá o CD Burela FS Pescados Rubén á pista do Majadahonda FSF Afar4 (La Granadilla, 20.00 horas); a undécima praza das de Madrid (4 puntos) poñerá a proba o coliderado laranxa (12 puntos). “Temos que facer un partido moi completo para gañar. É unha pista moi complicada; o ano pasado conseguimos empatar ao final e case deixamos a liga alí” advertía Lara Balseiro fuxindo de carteis de favoritos, despois de congraciarse co gol ante o Poio por partida dobre.


A moza viveirense, unha das incondicionais do cadro burelista, deixou claro que os seus problemas físicos arrastrados desde a tempada pasada xa quedan lonxe. “Estou moi contenta; xa podo adestrar con normalidade e axudar as miñas compañeiras. O sábado volvín e todo saíu redondo; axudei con dous goles e sumamos tres puntos para seguir traballando con ganas e ir paso a paso” explicaba a 10 burelista, moi ilusionada co grande inicio do equipo pero tamén mostrándose cauta co longo percorrido que queda por diante. “A liga vai ser moi complicada; o Atlético está intratable, goleando. Nós debemos facer o noso traballo partido a partido”.


Lucas poderá dispoñer de todo o vestiario laranxa a excepción de Emma e Judith, coma na xornada pasada, por lesión. A expedición partirá mañá ás 9.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores